TES UN MINUTO PARA DICIR NON Á POBREZA?
Manos Unidas invítavos a participar co voso alumnado na cuarta edición do Concurso de Clipmetraxes O teu punto de vista pode cambiar o mundo.
O Concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas é unha iniciativa que se enmarca nas actividades propias da de Educación para o Desenvolvemento e que busca sensibilizar aos máis novos sobre a pobreza, as desigualdades e as súas causas a través do traballo en equipo, a creatividade e a aprendizaxe.
IES Hernán Pérez del Pulgar.
Únete á loita contra a pobreza!
Nesta edición o Concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas súmase á Campaña Pobreza Cero, campaña da que Manos Unidas forma parte e cuxo fin é mobilizar á sociedade e propoñer ideas para erradicar a pobreza. Por iso o lema para este curso é Dicindo NON á pobreza.
Propoñémosvos que, durante cinco meses, traballedes para coñecer mellor cales son as causas da fame, a pobreza e as desigualdades no mundo, afondando en como o estreito vínculo entre a fame e a pobreza atenta contra os Dereitos Humanos e afecta, sobre todo, ás mulleres (feminización da pobreza).
Que é unha clipmetraxe?
Unha clipmetraxe é un vídeo dun minuto de duración. Pode ser de calquera formato, xénero, técnica, debuxos animados, stop motion, documental, entrevistas, ficción, comedia… recibimos mesmo musicais!
Temas e entregas
Fame e pobreza
Do 17 de outubro ao 17 de decembro do 2012.
Dereitos Humanos e pobreza
Do 18 de decembro de 2012 ao 31 de xaneiro do 2013.
Feminización da pobreza
Do 1 febreiro ao 17 de marzo do 2013.de marzo do 2013.
Mira estes vídeos!
Making off – IES Hernán Pérez del Pulgar
A experiencia da escola John Talabot
O concurso de clipmetraxes na TV3
O concurso na TV de Ciudad Real